Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 01/09/22 01/09/2022 30:06

Máis movimento do habitual nesta xornada nas estacións de tren galegas, pero normalidade na entrada en vigor dos abonos que fan gratuitas as viaxes de media distania. Os usuarios frecuentes levaban moito tempo preparándose. Nos autobuses que dependen da Xunta, que hoxe costan a metade, houbo hoxe sorpresas. Moitos enteráronse ó pasa-la súa tarxeta de viaxeiro. Tamén houbo algún desaxuste, pola premura na aplicación da medida, que se publica hoxe mesmo no diario oficial... Pero todos coinciden en que é unha boa nova en tempos de carestía

- O Goberno galego destina 4 millóns de euros a mellora-las dotacións de telecomunicacións en edificios antigos

Inmobles nos que é é difícil acceder a conexións de alta velocidade. Financiará ata o 70 por cento do custo. O obxectivo é beneficiar a setecentas comunidades de propietarios.

- O BNG reclama unha axuda directa ós autonomos pra palia-la crise inflacionista

Pontón acusa ó goberno de mirar cara outro lado, e insiste na necesidade dun plan de choque que mobilice 1.000 millóns de euros das arcas autonómicas

- A vicepresidenta Yolanda Díaz presenta hoxe no courel o seu novo proxecto político

Baixo o lema "Rural Vivo", reúnese con profesionais e expertos que trasladarán as súas preocupacións e propostas sobre o despoboamento ou o envellecemento.

- Galicia disponse a comeza-la vacinación contra a varíola do mono

Recibíronse 315 doses, que se inocularán cos criterios do ministerio, que priorizan a persoas con prácticas sexuais de alto risco e ós seus contactos estreitos

Galicia Informativos
Más opciones