O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera xustificado pedir o certificado covid para entrar nos establecementos de lecer nocturno
A Xunta pide ao Estado que amplíe a reclamción xudicial da propiedade dos bens do Pazo de Meirás a outros 49 obxectos.
As estafas bancarias telemáticas superan xa a contía dun millón de euros na nosa comunidade. É a estimación que fai a unión de Consumidores de Galicia que tenta organizar unha reclamación conxunta ante as entidades
O BNG vai presentar iniciativas para que se rescate a concesión da AP-9. Tamén queren que se reprobe ós gobernos do PP e do PSOE que aceptaron a ampliación sen concurso previo.
Dous concellos galegos, uns oito mil veciños, non teñen auga potable. Trátase de Muxía, onde se confirma contaminación bacteriana da traída, e Curtis, por un verquido de purín ó río.