Mañá de actos políticos en Galicia, arestora en Oroso undécima festa socialista na Área Recreativa de Penateixa. Nuns minutos contará coa presenza da portavoz do partido e ministra Pilar Alegría. Antes, asistimos á clausura do Foro que se celebra na Toxa con intervención por videoconferencia de Pedro Sánchez. Defendeu a reforma fiscal anunciada polo executivo, reforma criticada polo presidente da Xunta presente na Toxa. Alfonso Rueda teme que o goberno invada competencias autonómicas.
Mentres, en Vigo, acto da vicepresidenta segunda Yolanda Díaz co sector das conserveiras. Deu cifras sobre as irregularidades que afrontan as empregadas.
E chegou a autorización da Xunta para o selado de vertedoiro de Miramontes, que sempre estivo baixo as críticas da veciñanza de Grixoa, en Compostela, polos problemas ocasionados, entre eles varios incendios.