Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 01/11/22 01/11/2022 30:06

Considera que os problemas fronteirizos están nun segundo plano: os gobernos de ámbolos países teñen máis interés en falar de cuestións europeas, como a enerxía.

Paros nos autobuses de Vigo. Os traballadores de Vitrasa retoman mañá as mobilizacións pra que a empresa, que quere baixarlles o salario, negocie un novo convenio.

Cabreo dos mariscadores que faenan a pé na ría de Noia. Van pasar a semana en branco. A confraría acordou que non se saia traballar nin mañá nin o xoves xa que a marea baixa e moi tarde e non se pode retrasar a poxa.

Despois de dúas semanas, os casos activos volven baixar dos dous mil.
En cambio, as hospitalizacións seguen aumentando....hai máis de 200 persoas ingresadas con COVID e sanidade comunicou outros tres falecementos.


O tempo. Hoxe con máis claros.

Galicia Informativos
Más opciones