Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 01/12/22
01/12/2022
44:49
Día marcado en vermello no calendario do xuízo do Alvia. Declaración como testemuña do ex responsable da Axencia Ferroviaria Europea, organismo que puxo en dúbida a independencia da investigación española sobre o accidente. Christopher Carr é taxante: xa houbera descarrilamentos anteriores ó de Angrois por exceso de velocidade, sen embargo, non se avaliaron os riscos que implicaba non ter sistema de freado ERTMS.
Tampouco se puxeron alternativas para suplir esa función e, posteriormente, a Comisión de Investigación do Ministerio de Fomento non tivo en conta ningún deses dous feitos. Sinalou a Adif, cuxo ex xefe de seguridade é un dos acusados, pero tamén sinalou a Renfe.