O ano 2024 arrinca cos principais partidos en plena precampaña... Alfonso Rueda asegurou en Radio Nacional que quere que o foco se poña en Galicia, e se manteña á marxe da tensión política nacional. O candidato socialista cre que son os populares os que están desviando o foco dos probleas dos galegos, tratando de deslexitimar a Pedro Sánchez. O BNG, pola súa banda, anuncia unha campaña intensa, en positivo, á marxe das liortas das forzas estatais. E reclama un cara a cara con Alfonso Rueda pra contrapoñer as suas propostas
- Sucédense as peticións de cese de actividade no sector marisqueiro pola alta mortandade das distintas especies.
Non hai produto suficiente, segundo a presidenta da agrupación de Cabo de Cruz, Mercedes Mariño. Xa pediron un cese de actividade cinco meses.
- En Alcoa, ponse en marcha o proceso pra poñer de novo en marcha as cubas de aluminio.
Será unha reactivación lenta, ata o outono de 2025, cando se conta que as 532 cubas volva a estar operativas na súa totalidade.
- Ecoloxistas en Acción denuncia os cheiros, terras e augas contaminadas que xera a planta de lodos de Touro.
A Xunta someteu en 2021 a revisión da autorización ambiental pero o procedemento continúa sen resolverse tras varias alegacions e requerimentos.
- A provincia de Ourense ten preto de catrocentas persoas centenarias.
A asociación Ourensividade, formada por médicos, farmaceuticos e profesionais sanitarios, vai estudar as razóns destes niveis de lonxevidade