Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/01/25 02/01/2025 30:09

Crónica de Galicia - 02/01/25

O ano novo comezou pros usuarios dos servizos de tren galegos como rematou o anterior: pendentes de incidencias, retrasos e suspensións de servizos. No caso dos Avril, a incidencia quedou arranxada, pero nos de vía estreita o servizo segue interrompido dende o sábado, tralo accidente dun convoio á altura de Foz.

- Xa están en vigor as novas bonificacións da AP9 pra usuarios recorrentes e con telepeaxe

Para os turismos sen este aparello ou que realicen viaxes soltas, os recibos soben un 5%. Queda o traxecto entre Ferrol e Vigo en 22 euros e 30 céntimos.

- O BNG rexeita o peche en falso da comisión que investiga os contratos da Xunta e avanza iniciativas contra as irregularidades

Entre elas, mellorar a transparencia nas contratacións, e limitar o uso dos contratos menores. Tamén a creación dunha oficina antifraude

- A ONG Accem abre unha oficina en Sanxenxo para mellora-lo asesoramento a migrantes

Os servizos sociais do concello detectaron necesidades de atención entre os refuxiados acollidos nos últimos meses, tamén nos que xa residen na localidade

- Incredulidade do colectivo Os Ninguéns ante o acondicionamento de rochos como vivendas en Vigo

Atribúeno á situación de desesperación dos cidadáns máis vulnerables ante os prezos da vivenda. O concello descubriu dous nas últimas semanas e aumentará as inspeccións.

- No tempo, chegaron as nubes, que xa esta noite deixarán precipitacións

Galicia Informativos
Más opciones