Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/01/22 02/01/2022 30:02

O ano comeza con nova marca de máximos nos doentes de coronavirus en Galicia... Cifras que multiplican por 9 as do ano pasado por estas datas, pero que non teñen a mesma repercusión nos hospitais, onde iso sí, hoxe volven repunta-los ingresados...

A baixada na cifra de novas detecións apunta a unha posible melloría, pero dende sectores coma o comercio temen que esta e outras malas novas, coma o peche temporal de Alcoa, impidan a recuperación necesaria.

Comeza tamén o ano coas xa tradicionais subas de prezos en cuestións coma as peaxes. AUmentan entre un 2 e un 3%, segundo os tramos, ainda que a asociación En Colectivo agarda que 2022 sexa o ano no que a AP9 se volva gratuita.

Galicia Informativos
Más opciones