As choivas deixaron paso ós raios de sol pero as consecuencias do temporal seguen moi presentes. A peor parte levárona o sur da provincia de Pontevedra e Ourense. Esta mesma mañá afundía un treito de beirarrúa no Carballiño, sen danos persoais. E no resto de concellos o esforzo agora é recuperar os espazos ós que chegou a auga, que mesmo afectou ó PAC de Ribadavia e a dúas zonas residencias de Ponteareas. A isto súmase a caída da fachada dun edificio en Poio ou a decena de coches que quedaron semimergullados en Chantada
- As cidades galegas aínda non están preparadas pra adaptarse ás zonas de baixas emisións
Algunhas coma Ourense e Lugo aínda están en fase de elaboración do proxecto pra cumplir o decreto do goberno central, que vén de entrar en vigor
- No Parlamento, o grupo socialista denuncia o baixo nível de execución dos orzamentos da Xunta, sobre todo en materia social.
O PP pide agardar ós datos de final de ano, pero sinala, en todo caso, que é máis do que cumpren outras administracións gobernadas polo PSOE.
- Mobilización en Ourense contra a violencia de xénero tras un decembro negro
O Centro de Información á Muller de Ourense convoca a concentración como cada primeiro luns de mes e pide mellorar os recursos dispoñibles pras vítimas
-Rogelio Groba será enterrado en Ponteareas ás cinco desta tarde
O compositor faleceu ós 92 anos da Coruña deixando máis de 700 obras compostas e tras promover proxectos musicais como a Orquestra Sinfónica de Galicia