Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/02/22 02/02/2022 44:50

Datos da pandemia... os novos positivos volven a achegarse os seis mil. O conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, non oculta a súa preocupación porque a evolución desta sexta vaga non é tan boa como agardaban.

Os sindicatos do sector da conserva analizan a última proposta da patronal.
É un último intento para evitar as dúas xornadas de folga convocadas para mañá e pasado pra presionar na negociación do convenio colectivo.

Este mes comeza a instalación de caixeiros nos 39 municipios galegos que quedaron xa sucursais bancarias. Abanca defende o seu compromiso co rural: di que é o único banco con sucursais no 40 por cento dos municipios galegos.

Profesores temporais de todos os niveis concentráronse esta mañá fronte á consellería de educación convocados pola CUT. Critican que á Xunta adiantara as oposicións no ensino para non aplicar o acordo para a consolidación do emprego.

O tempo. Hoxe con temperaturas primaverais.

Galicia Informativos
Más opciones