Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/03/21 02/03/2021 49:37

Galicia foi unha das tres comunidades nas que o paro non aumentou no mes de febreiro, e incluso rexistrou unha lixeira caida.

As exportacións galegas caeron o ano pasado un 6 por cento: principalmente polo parón do primeiro semestre do ano, a causa da pandemia. Sen embargo, no segundo semestre do 2020 produciuse unha remontada importante.

O sergas rexistra nas últimas horas só 70 novos casos de coronavirus, datos positivos que analizará esta tarde o comité clínico pra revisar as restriccións.

Os administradores de ficas alertan de que proliferan actividade ilícitas que poñen en risco ás comunidades de propietarios.

O alcalde de Ourense nega unha chantaxe a unha conceleira crítica de Democracia Ourensana.

No Museo de Pontevedra pódese ver dende hoxe unha exposición dedicada ó fotógrafo José Suárez.

Galicia Informativos
Más opciones