Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 02/05/23
02/05/2023
44:06
Reunión esta tarde pra tratar de evitar unha folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada. Un novo encontro coa mediación do consello galego de relacións laborais que trata de fixar uns mínimos comúns pros catro convenios provinciais, ata o de agora con grandes diferencias en temas coma xornada, categorías ou salarios. As posicións están especialmente distanciadas neste último capítulo.
Outra folga planea sobre o servizo da limpeza de Santiago, neste caso por incumprimentos en cuestións coma a organización do servizo, a conciliación ou a eliminación da bolsa de traballo. Coincidirá coas festas da ascensión.