Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/06/23 02/06/2023 44:53

De novo, Manuel Baltar garda silencio. Deixoulle portavoz do PP na Deputación as explicacións sobre os audios nos que o seu irmán recoñece o cobro de comisións con diversas empresas constructutoras contratadas pola institución provincial. Plácio Álvarez atribúe as gravacións a unha campaña de desprestixio.
O presidente Alfonso Rueda tamén rexeita esas acusacións pero non aclara se Baltar volverá a se-lo candidato do PP á presidencia da Deputación. Iso si responsabiliza ó PSOE e ó BNG da imposibilidade de avanzar nun acordo para apartar a Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía e é que os candidatos destas dúas formacións rexeitaron acudir a unha reunión esta tarde con aspirante do PP, Manuel Cabezas.

Galicia Informativos
Más opciones