Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/07/21 02/07/2021 49:51

Reforzo da vixilancia pra que non haxa botellóns esta fin de semana. As autoridades piden responsabilidade e a colaboración dos concellos, ante o risco de que se produzan macro-gromos coma o de Mallorca

Baixa o número de desempregados no mes de xuño en Galicia. Galicia é a única autonomía na que se rexistra diminución do paro nos primeiros seis meses de 2021.

Comeza a primeira operación saída deste verán en Galicia.
Extremaranse os controis de alcoholemia e de excesos de velocidade

O sector pesqueiro acusa falta de xente nova para tomar o relevo xeneracional. A Coperativa de Armadores de Vigo di que podería ser un nicho de oportunidades ante as altas taxas de paro xuvenil.

O alcalde ourensán queda só na intención de pechar a Universidade Popular da cidade. Foi o único edil da corporación que votou a favor.

A Real academia galega adicará o Día das Letras galegas de 2022  a Florencio Delgado Gurriarán, escritor, editor e activista moi recoñecido no exilio en México.

Galicia Informativos
Más opciones