Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 02/07/22
02/07/2022
30:06
A sanidade volve a estar no centro da actualidade informativa.
Esta mañá inaugurouse unha nova UCI no hospital Clínico de Santiago onde o conselleiro de sanidade tivo que respostar pola recente dimisión do xefe de medicina interna deste hospital. Segundo os socialistas é un exemplo de crecente malestar dos traballadores sanitarios.
Este sábado quen fora presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, regresa a Galicia como líder do PP. Arestora participa con 4.000 militantes na tradicional Romaría do Pino.
E esta tarde hai convocada un concentración na Coruña para lembrar o asesinato de Samuel Luiz do que mañá se cumpre un ano