Quedan uns días por diante pero os grupos políticos están, na práctica, de campaña electoral con actos a diario por Galicia e peticións de voto para as xerais. Quenda esta mañá para Sumar na Coruña, onde aproveitaron para anunciar que Yolanda Díaz realizará a pegada de carteis na cidade herculina. Desde Santiago Ana Pontón pide apoio para darlle voz a Galicia en Madrid; e no PP tiran da traxectoria de Núñez Feijoo na nosa comunidade.
Máis política no noso tempo de entrevista: conversaremos con José Ramón Gómez Besteiro, o exdelegado do Goberno, que encabezará a lista do PSOE ó Congreso pola provincia de Lugo nas próximas eleccións xerais.
Analizamos tamén as novas normativas para os gandeiros acerca de como facer o rexistro de vendas do leite.
A mañá deixa a evacuación dun veciño de Rois en helicóptero medicalizado tras caerlle enriba un portal de ferro. Ocorreu pasadas as once na parroquia de Augasantas. Non quedou atrapado pero, debido ó golpe, non podía moverse.