Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/08/21 02/08/2021 30:07

Dous informes de ADN implican directamente a dous dos adultos encarcerados pola morte de Samuel Luiz hai un mes na Coruña. Xa están en más da xuiza que leva o caso, que vén de levantar o segredo do sumario.
Os implicados están acusados de dous delitos contra a vida, un deles consumado. A policía incorpora a especialistas en redes para analizar os móbiles dos detidos que borraron as conversas. A agresión fatal que acabou coa vida de Samuel na madrugada do 3 de xullo durou seis minutos.

Baixan os casos activos e os novos diagnósticos, pero aumentan as hospitalizacións.

Hai 12 persoas máis ingresadas. Son en total 328, delas 43 están nas unidades de críticos, unha menos que no anterior balance.

- Sanidade cré que estamos chegando ó pico desta quinta onda da pandemia.

Por iso no adoptrá máis restriccións na reunión desta semana do no comité clínico, É máis, poderíanse relaxar algunhas medidas.

- A Xunta pretende crear un polo de tecnificación cuántica a partir do Centro de supercomputación de Galicia.

É un dos proxectos presentados por Galicia para acceder ós fondos Nest Generation ó que propón destinar 154 millóns de euros.
 

Galicia Informativos
Más opciones