Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/09/22 02/09/2022 30:03

Cara e cruz nos datos do paro do mes de agosto. Como cada final de verán, o desemprego aumenta, especialmente no sector servizos. Faino en GAlicia en liña coa media nacional. Deixa tras de si máis de 2 mil parados novos. Porén, a Xunta salienta que se trata da mellor cifra de paro dun mes de agosto en 15 anos. Dende UGT sinalan ademáis que aumenta a calidade do emprego grazas á reforma laboral. Algo no que non coincide a CIG; que entende que esta caída do emprego ó termo da temporada demostra que non serve pra loitar contra a estacionalidade e temporalidade

- O sector metal da a benvida á rebaixa do 5% do IVE no gas, pero agarda medidas europeas contra os prezos da luz

Xa supón o 30% dos seus custos, polo que unha de cada tres empresas do sector tivo que parar ou reduci-la súa produción. Pro PP gallego o goberno vai a rebufo das súas propostas


- Santiago quere ser a primeira cidade galega en recadar ingresos a través dunha taxa turística.

O alcalde da capital vén de rescatar a proposta en pleno debate sobre a masificación da cidade. Agarda reunirse proximamente co presidente da Xunta pra analizalo


- A Xunta non abrirá os comedores escolares nas vacacións e períodos non lectivos.

Era unha proposta da oposición, pra que os rapaces manteñan unha dieta saudable durante todo o ano, no marco do Plan Autonómico contra a Obesidade.

- Segue ardendo en Ribadavia, onde un foco que naceu no punto limpo arrasou xa 30 hectáreas

Seguen controlados os focos de Lobeira e CEnlle. En Verín, sindicatos e veciños concentráronse pra pedir máis medios preventivos e de loita contra o lume

Galicia Informativos
Más opciones