Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/11/21 02/11/2021 44:48


A planta de regasificación de Mugardos prepárase pr bate-lo record de produción. O gas ten un papel clave no actual mix enerxético e máis agora co apagado das centrais de carbón. Por iso a planta de regasificación de Mugardos ten cada vez unha importancia maior.

O traballadores de VESTAS reanudaron hoxe as protestas. A tres días de que se peche o periodo de consultas do ERE que suporá o peche da fábrica de Chavín, manifestáronse diante da factoría e cortaron a estrada que vai de Viveiro a Ferreira.

Nada cambia no grupo parlamentario socialista co triunfo de Valentín González Formoso nas primarias do partido. O viceportavoz, Pablo Arangüena, pospón calquera cambio ata despois do congreso de decembro.

As restriccións da pandemia retrasan importantes decisións das comunidades de propietarios. NOn se poden realizar xuntas ordinarias, ainda que algunhas comunidades optan por organizalas, sen seguridade xurídica, ante a premura de prazos para renovar equipamento enerxético.

A vila de Pedrafita do Cebreiro soporta desde hai catro meses parte do tráfico que tiña antes de que abrise a autovía A-6. Máis circulación que supón algo máis de gasto no pobo, aínda que non todos os que pasan pola vila, paran.

Galicia Informativos
Más opciones