Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/12/22 02/12/2022 44:27

962 parados menos en Galicia pero 1093 cotizantes menos en novembro. Son as dúas principais cifras que deixa a mañá. O sector que lidera a caída do paro é o servizos, que inflúe na baixada do desemprego feminino. Con todo, as mulleres representan máis do 58 por cento do total de persoas sen traballo. Por provincias, Pontevedra e Ourense sitúanse á cabeza en descenso do desemprego, A Coruña é a única provincia na que sobe.

Os sindicatos poñen a nota negativa na caída de cotizantes, dunha décima. A Xunta destaca que nunca houbera un mes de novembro tan positivo na serie histórica.

Galicia Informativos
Más opciones