Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/01/22 03/01/2022 30:06

Baixa o ritmo na deteción de novos casos de Covid19 na comunidade, pero queda moito camiño por percorrer... A incidencia está en 1400 casos por cen mil habitantes... Con preto de 50 mil doentes, a maioría baixo o control da atención primaria, chama a atención que os sanitarios teñan que atender a agresións ou actos vandálicos, como sucedeu onte á tarde en Lugo.

As anpas piden claridade sobre o calendario escolar, na véspera de que se decida se se adia a volta ás aulas. A Xunta propon adiala unha xornada se se confirma a chegada dun novo lote de vacinas pediátricas


Navantia recupera esta tarde parte da súa actividade. Uns 300 traballadores participarán durante 7 meses na reparación dunha plataforma petrolífera.

Tamén en STellantis volven ó traballo. Os suministros de microchips permiten á empresa prepara-lo regreso á actividade pra mañá mesmo, a pesar do expediente de regulación aprobado.

O Colexio de Xornalistas de Galicia alerta contra malos hábitos xurdidos da pandemia.
Esténdense e xeralízanse as roldas de prensa a distancia ou as comparecencias sen preguntas, xurdidas durante o confinamento máis duro

A partir das seis da tarde entra o aviso amarelo por temporal no mar coa chegada dunha borrasca... Deixará vento forte no sur da comunidade e choivas xeralizadas durante toda a semana...

Galicia Informativos
Más opciones