Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/02/22 03/02/2022 44:53

Volven a aumentar os casos activos e os novos diagnóstico case non baixa.
No último reconto hai case 62 mil persoas coa enfermidade, 1.500 máis ca onte e os novos positivos son case 5.900.

Capturado o coñecido como "o rambo galego". Levaba case un ano fugado.
A detención produciuse en Valdoviño pouco despois da pasada medianoite cando intentaba entrar nunha vivenda en Valdoviño.

Hoxe segunda xornada de folga no sector da conserva de peixe.
Os sindicatos rexeitaron a última suba proposta pola patronal porque está por debaixo do IPC real.

Acordo para compensar aos mariscadores da Ría do Burgo mentres dure a dragaxe do esteiro. O Ministerio de Transición Ecolóxica comprometese a aboar unha axudas que oscilarán entre os 1.150 e os 1.700 euros

O tempo. Perdemos a influencia do anticiclóns, pero as chuvias van ser escasas e pouco xeralizadas.

Galicia Informativos
Más opciones