Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/02/23 03/02/2023 44:53

Faltan uns días pra que se cumpra o aniversario do afundimento do Villa de Pitanxo en Terranova, que deixou tras de sí 21 víctimas mortais. E por fin as familias comezan a ver cumprida unha das súas demandas: a de que o goberno español descenda ata o pecio pra recabar datos que completen a investigación. Haberá que agardar aínda ata o verán, pero os traballos que acaban de iniciar a súa licitación deberían botar luz sobre as investigacións abertas pola audiencia nacional e o ministerio de transportes

- Licitado o estudo informativo da saída sur ferroviaria de Vigo

Porén, o Eixo avisa de que só se inician os trámites da metade, do treito, entre a estación de Urzáiz e o Porriño, e non do tramo Porriño e Tui. temen que non se poida cumprir co prazo de 2030


- Máis de 3 mil xuizos, comparecencias e declaracións xudiciais suspendidas pola folga dos Letrados

Os antigos secretarios xudiciais seguen adiante co seu paro indefinido, con participacións que superan o 75 por cento.

- O Tribunal de Xustiza Europeo da carpetazo ó caso contra as denominadas Tax-lease do naval

Un sistema de bonificacións fiscais pra os investimentos en estaleiros que varios países consideraron axudas de estado. o conflicto legal axudou a rematar con moitos estaleiros galegos

- Unha praga ameaza os viñedos do sur das provincias de Pontevedra e Ourense

Hai 9 concellos afectados pola flavescencia dourada, nos que será obrigatorio corta-las viñas con síntomas. E se está afectado máis do 20% da superficie, terán que arrincar todo o viñedo

Galicia Informativos
Más opciones