Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/05/21 03/05/2021 49:40

Última semana baixo o estado de alarma, con estabilidade nos hospitais, sen falecidos, e con baixada nos casos activos.
386 mil persoas teñen xa a pauta vacinal completa. E esta semana poñeranse 245 mil máis.
 
En Vigo, traballadores do metal critican a CCOO e UGT por asinar o convenio provincial sen sometelo a votación en asemblea.

Ás tres da tarde os traballadores de Alcoa deciden se reanudan a folga indefinida, que suspenderan baixo o compromiso de que se pactara a venda da fábrica antes do 30 de abril.

Paralizada a moción de censura no concello coruñés de Ponteceso. A secretaria municipal rexeita a súa tramitación, porque está asinada polos 5 edís expulsados do PSOE, e incumpre a lei orgánica de réxime electoral.

O SUP denuncia que se perde unha cuarta parte das chamadas dos cidadáns desde que se atenden as de tres provincias desde A Coruña.

Arranca o maio solidario, que recolle fondos e comida pros Bancos de Alimentos, a través dos supermercados Gadis.

Galicia Informativos
Más opciones