O Grove estuda restrinxir a presenza de autocaravanas que lle están a ocasionar un serio problema de xestión.O concello sinala que non ten espazo físico para todas nin medios pro tratamento das augas fecais ou o lixo que xeneran.
ADEGA denuncia grandes plantacións ilegais de eucalipto no Xistral. Calcula que abarcan dúascentas hectáreas e piden as administracións que obriguen a restaura-lo terreo.
Preto de mil traballadores incorpóranse hoxe ó dispostivo contra incendios. Son operarios fixos discontinuos, que traballan para a Xunta seis meses ó ano. Eles reclaman un vínculo laboral permanente, e non só de maio a outubro.
A empresa do Porriño Maderas Iglesias, con 170 traballadores, podería entrar en liquidación nos vindeiros días. O comité de empresa culpa ás 5 entidades bancarias ás que a firma lles debe 4 millóns de euros.
O tempo. Máis inestabilidade con risco de treboadas, iso sí con temperaturas altas e sensación de bochorno