A XUnta non comparte nin o fondo nin a forma das decisións do COnsello Interterritorial sobre o ocio nocturno. Podería abrir ata as tres da mañá, pero sen barra, nin pista de baile. O sector recíbeas dividido.
O Rei Felipe VI fará este ano persoalmente a ofrenda ó Apostolo o 25 de xullo.
O condutor do coche accidentado en Caldas non tiña carné de conducir, segundo a garda civil. Morreron tres mozos e outras dúas persoas resultaron feridas.
O sector pesqueiro critica que se presenten proxectos da eólica mariña, coma o de Iberdrola en Lugo, sen falar cos posibles afectados.
A CIG pide o relevo de José María Barreiro como director xeral da Funcion Pública. Fano responsable da alta temporalidade na administración autonómica.
A Coruña aproba, con 33 anos de retraso, unha normativa de uso do galego. O PP votou en contra.