Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 03/08/22
03/08/2022
14:57
Un novo lume forestal chama a nosa atención arestora da mañá.
Trátase do que se declarou a pasada noite en Maceda e que xa leva queimadas 20 hectáreas. Traballase intensamente na súa extinción.
A Xunta anunciou que os afectados pola vaga de lumes do Courel e Valdeorras das pasadas semanas contarán con oficinas específicas para poder pedir as axudas.
No económico, os datos do paro apuntan a certa ralentización no crecemento do emprego malia que Galicia foi unha das oito comunidades nas que se reduciu ainda no mes de xullo.
E este mércores remiten un pouco as altas temperaturas e mesmo poden caer chuvascos treboentos xa pola tarde.