O partido popular fixo valer a súa maioría no parlamento galego esta mañá, nun pleno extraordinario que deu o visto e prace ó novo teito de gasto. Aumenta un 8.2%, pero a oposición lembralle que a inflación xa subiu un 6%, o que desvirtuaría ese dato histórico. BNG e PSOE piden que o goberno galego se centre noutras prioridades, coma o gasto sanitario ou social, fronte á rebaixa do IRPF que anunciaba hoxe o conselleiro
- O goberno galego cualifica de sorpresa as medidas de aforro enerxético presentadas polo goberno central.
Lamentan que non foran consensuadas, e mesmo cren que invaden competencias autonómicas. O presidente da Xunta califícaas de propaganda, ainda que as acatará
- Valoración positiva entre os traballadores forestais da nova norma estatal de loita contra o lume
O Real decreto recolle varias das súas demandas históricas, como é a obriga de planificar a campaña con antelación, e a asignación ó dispositivo de medios profesionalizados e etables
- Un lume con tres focos simultáneos en Maceda, en Ourense, arrasa 150 hectáreas
As altas temperaturas tamén agravan a seca. En Vilar de Barrio, en OUrense, preparan un inventario de piscinas, con drons, pra detectar usos non permitidos, como o enchido de piscinas.
- Despois de meses de conflicto, e denuncia nos xulgados, ábrese o diálogo na área sanitaria Pontevedra- O Salnés
O xerente comprometese cos sindicatos médicos a un cambio no equipo directivo e un plan de choque que analice medios e persoal pra garanti-la atención sanitaria