Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/09/21 03/09/2021 30:04

A oposición califica de irresponsable e cínica a actitude do goberno galego sobre o baleirado dos encoros. Fanno logo de coñecer que Ibedrola avisou á consellaría de Medio Ambiente antes de reducir a ocupación de Cenza e Portas por baixo do 20%. O PP insiste en que o Ministerio de Transición é o que debería ter vixiado.

Os 220 mil galegos sen vacinar poden xa solicitar autocita. Mentres, a baixada da quinta vaga chega ás unidades de críticos, pero mantense nas urxencias hospitalarias. Os médicos alertan do prexuizo pros pacientes crónicos

O turismo alcanzou nas Rías Baixas os niveis previos á pandemia. En xullo e agosto as ocupacións estiveron en niveis de 2019, preto do 100% no turismo rural e as vivendas turísticas. O 95% dos visitantes eran españois.

Apertura oficial do novo curso universitario, o primeiro presencial en 3 anos. Un acto especial pra comunidade educativa no que se fixo énfase na necesidade de mellora-lo financiamento das universidades públicas

O PP reclama un plan nacional contra o peche de oficinas bancarias. Un servicio fundamental pros veciños do medio rural, segundo os populares, e que está pechando en concellos de toda Galicia.

Galicia Informativos
Más opciones