Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 03/09/22
03/09/2022
30:05
Os encoros galegos seguen á baixa en canto a súa capacidade. Segundo os últimos datos, a media é inferior ó 50 por cento.
É a principal nova dun sábado no que se agarda á choiva das próximas horas, tan necesaria, pero que non será suficiente para solucionar a falta de auga xeralizada.
Da política, os socialistas celebraron en Compostela a súa reunión interparlamentaria. Pedirán no Pazo do Hórreo ampliar o bono social eléctrico para as familias galegas con menos recursos.
E buscamos tamén as reaccións do cluster de turismo á petición do alcalde de Santiago de implementar unha taxa turística.
Na nosa entrevista, falaremos de música con Xabier Díaz.