Acabamos de sabelo: José Alberto Pazos Couñago será o novo portavoz do Partido Popular no Parlamento galego. Alfonso Rueda elixe ao deputado pontevedrés para sustituír a Pedro Puy.
Alerta entre os bateeiros polo aumento da mortandade do mexillón, en parte, pola alta temperatura da auga. Piden á Xunta que investigue este fenómeno para buscar solucións. (SEVE)
A soidade durante a vellez está detrás de que Galicia sexa a comunidade con maior consumo de antidepresivos: por cada mil habitantes dispénsanse preto de 150 doses
O Concello de Lugo estuda permitir unha suba no custo das racións de polbo nas casetas do San Froilán. Os polbeiros aseguran que non lles dá para cubrir gastos. (sEVE)
Arredor dun setenta por cento do alumnado da educación pública en Galicia recibe algún tipo de axuda. É o que defende o conselleiro de Educación Román Rodríguez, co que falaremos no noso tempo da entrevista.