Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/10/22 03/10/2022 44:26

O regulamento que veta a pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas do atlántico contén erros de vulto. A secretaria xeral de pesca, Alicia Villauriz, reiterou en Vigo que se precisa tempo para armar un recurso ante a xustiza europea.

Sen reunión entre Alfonso Rueda e Abel Caballero en Vigo porque o alcalde rexeita o formato imposto pola Xunta. O executivo cita ós alcaldes nas respectivas sedes da Xunta e coa presencia dos delegados territoriais nas reunións.

María Rozas é a nova portavoz municipal de Compostela Aberta e cabeza de cartel na candidatura pra as eleccións locais de maio. Substitúe a Marta Lois que desvincula a saída coa súa proximidade ó proxecto "Sumar" de Yolanda Díaz.

O SERGAS ofreceralles aos maiores de 80 anos vacinarse contra a COVID no seu domicilio ou no centro de saúde. Adiantouno hoxe o conselleiro de Sanidade ante críticas que chegaban desde o rural polos desprazamentos ós grandes espezos de vacinación.

O tempo, seco e soleado. Volvemos a ter temperaturas propias do verán.

Galicia Informativos
Más opciones