Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/11/21 03/11/2021 44:35

O paro subiu en Galicia en 991 persoas namentres que no conxunto de España baixaba. O fin da temporada estival está detrás desta suba, pero os sindicatos alertan tamén dos problemas coa industria. A Xunta pon o foco na caída histórica do desemporego dos doce últimos meses

A CIG reclama a coordinación do persoal administrativo de atención primaria. Piden a creación dun cargo que asuma a responsabilidade desa xestión e que se contrate máis persoal, ante as queixas durante a pandemia de que non había quen collera o teléfono nos ambulatorios.

A Delegación do Goberno confirma que a Policía investiga a desaparición en alta mar dun mozo da Illa durante o transporte dun alixo de cocaína. Está pendente de poñe-lo en coñecemento da autoridade xudicial para que orden as oportunas dilixencias.

En Lugo, a Plataforma contra a Impunidade no Caso Carioca califica de indignante o anunciado acordo para rebaixalas penas dos tres proxenetas acusados. Din que é inexplicable e agardan que non sexa máis que unha forma de presión dos avogados.

Comeza a exhumación dunha foxa do franquismo no cimeterio de Vilagrcía. A primeira dun plan estatal de recuperación da memoria democrática.

Galicia Informativos
Más opciones