Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/11/22 03/11/2022 44:49

O paro baixou en outubro. A finais de mes había 389 persoas menos demandantes de emrego en Galicia. Un descenso dun 0,27 por cento, case catro veces menor que a medida española.


Galicia é unha das dúas ubicacións elexidas pola naviera Maerks pro seu ambicioso proxecto de alimentar a tódolos seus buques con enerxías limpas.
A compañía máis importante do mundo no transporte de mercadorías en contedores producirá metanol verde pra súa frota entre Galicia e Andalucía.

A patronal do automóvil prevé pechar este 2022 cunha caída das vendas que estima en case un dez por cento. Faconauto asegura que Galicia ten o parque móbil máis vello, cunha media de 14 anos.

A CIG quere que as agresións a todo o persoal sanitario se consideren como atentado contra á autoridade. O sindicato denuncia que a noite do martes un paciente e dúas persoas máis lle deron unha malleira a un técnico de emerxencias no PAC de Cangas.

O tempo. pasou a borrasca e pola tarde xa van quedar os ceos máis abertos.

Galicia Informativos
Más opciones