Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/12/21 03/12/2021 44:39

Malia o aumento dos contaxios na area sanitarias de Vigo e Pontevedra e as malas previsión meteorolóxicas a provincia afronta a ponte da constitución cunha previsión do 80% de ocupación. Iso si, lonxe do poder de atracción do alumeado de nadal da cidade olívica as cifras máis altas danse maioritariamente en hoteles con spa e casas rurais

Adega acusa a Xunta de agochar a cabeza para negar que Galicia ten un problema de contaminación de augas con abonos agrícolas.
Galicia debería ser zona vulnerable ós nitratos pra protexer as súas augas. Así o manifesta a Comisión Europea que leva a España ante a xustiza

O BNG denuncia que a Xunta só executou unha terceira parte dos fondos destinados pola Unión Europa a saneamento e depuración.
Calcula que están sen gastar 115 dos 175 millóns e que o presidente Núñez Feijóo acudiu a Bruxelas para pedir a súa reprogramación.

Os traballadores de Vestas volveron hoxe ás rúas...
Realizaron unha caravana de coches en Lugo. Unha nova protesta que se produce despois do anuncio de impugnación do ERE ante a xustiza.

Pedro Sànchez pechará o próximo mércores o Congreso do PSOE galego. Un Congreso que ratificará a Valentín González Formoso como secretario xeral.

Galicia Informativos
Más opciones