Roubo a punta de pistola nunha administración de lotería de Lugo.
Os atracadores, que actuaron coa cara tapada, leváronse uns 400 mil euros e deixaron ó loteiro encerrado no local.
O BNG esixe a comparecencia de Alfonso Rueda no parlamento pola saturación das urxencias e centros de saúde.
Asegura que as citas para o médico de cabeceira tardan semanas e quere que o presidente da Xunta explique que medidas está a adoptar Sanidade.
Os sindicatos reciben con satisfacción a venda de Maderas Iglesias ó grupo empresarial vasco Surco Interiors
Comprométese a subrogar a 70 dos preto de 170 traballadores da planta do Porriño dedicada a facer tarimas flotantes.
O Colexio de Procuradores de Pontevedra denuncia o colapso nos xulgados de Vilagarcía.
Urxe a creación dunha nova unidade xudicial. Asegura que se están a fixar sinalamentos de vistas civís para xuño de 2025.
O tempo. entrmos nunha situación de chuvascos e máis frío.