Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 04/09/24
04/09/2024
30:05
Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne
Nunca antes sucedera no parlamento galego. No curso político que agora comeza haberá unha ocasión por periodo de sesións na que o grupo socialista non poderá preguntar a Alfonso Rueda na sesión de control. Os socialistas veno como unha ruptura das regras de xogo democráticas, unha mostra de autoritarismo que achacan a unha pinza entre PP e BNG pra tratar de silencialos. Cren que a cesión dese espazo ó Deputado de Democracia Ourensana é un pretexto, porque noutras lexislaturas con composicións máis complexas, non sucedeu o mesmo.