Hoxe baixan os hospitalizados por COVID, e a taxa de positividade, pero temos 52.500 doentes de coronavirus. E a gran maioría están sendo atendidos nos centros de saúde, que desbordan a súa carga asistencial.
Ante esa situación, o Sergas ordeou que os médicos de 14 unidades da área sanitaria de Vigo anulen todas as súas citas non urxentes. Os sanitarios non entenden que se deixe ós cidadáns sen atención, empuxándoos ás urxencias, sen antes cubri-las numerosas vacantes que veñen denunciando
- A volta ás aulas será o día 10 e de forma presencial
Acordo a nivel nacional pra manter o calendario escolar previsto. A Xunta prantexara un retraso dun día se se confirmaba a chegada de novas tandas de vacina pediátrica.
- O persoal de limpeza dos hospitais de Pontevedra ameaza con ir á folga
A concesionaria rexeita aumenta-l persoal pra afrontar a sobrecarga de traballo provocada pola pandemia, e tamén os aumentos salariais que piden os traballadores.
- Galicia rexistra a menor baixada do paro en decembro do conxunto do estado
Hai 163 desempregados menos, e redúcense os afiliados, que medran no conxunto de españa. Os sindicatos alertan da precariedade e dunha mala evolución. A Xunta de recuperación laboral
- En marcha un proxecto de convivencia solidaria pra maiores en Sanxenxo
Unha nova forma de vivi-la vellez, con 70 vivendas independentes e servizos comúns coma alimentación, lavandería ou enfermeiría