Levamos varios meses con queixas reiteradas polos problemas na sanidade ante a falta de médicos. Hoxe o Diario Oficial de Galicia recolle parte da oferta pública de emprego que o Sergas denomina a maior da historia. E coa que agarda solucionar algunhas das eivas. Pero os sindicatos médicos xa avisan: non chega con estabilizar emprego, hai que mellorar as condicións. E iso, din, empeza por diminuír a sobrecarga
- O BNG acusa á Xunta de estar desaparecida tra-los danos ocasionados polo temporal
Propón empregar os fondos de continxencia dos orzamentos para axudar a concellos coma Arnoia, onde as riadas levaron por diante dúas áreas recreativas e danaron unha ponte de pedra
- Vigo dá marcha atrás e non adiantará o apagado das luces do Nadal
O alcalde anunciara onte a medida pra aforrar enerxía pero finalmente retráctase tras reunirse con hostaleiros e comerciantes
- A sala de concertos de Lugo onde se produciu a avalancha na noite de fin de ano sí tiña licenza para o evento
Confírmao o concello despois de que 600 persoas quedaran atrapadas no corredor que levaba ó roupeiro.
- Biólogos galegos esixen á Xunta a inclusión da 'camariña' no catálogo de especies ameazadas
Indican que está a disminuir a presenza dunha planta importante pra biodiversidade galega e que deu orixe a nomes coma Camariñas ou a Pobra do Caramiñal