Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 04/02/22 04/02/2022 44:31

CCOO agarda que a reforma laboral permita mellorar as condicións laborais na hostalaría. A precariedade, que viuse agravada pola pandemia, evidenciase en xornadas que van máis alá do asinado, baixas retribucións ou abuso da temporalidade.

Polémica en Ourense polas liortas que se producen no casco histórico.
O concello pediu ós hostaleiros que pacifiquen estas situacións e o sector asegura que as pelexas son nas rúas, non nos seus locais.

Os sindicatos denuncian o desmantelamento do Centro de Tratamento Automatizado de Correos en Lavacolla. Aseguran que as cartas de Galicia se están a levar a Valladolid e, trala súa clasificación, volven regresar a Santiago.

O novo sistema de baremación para obter praza nun centro escolar, que aprobou a Xunta, non convence as Anpas. Cren que non da prioridade ao ensino público e que valora excesivamente á proximidade ao centro de traballo dos pais.


O tempo. o longo do día vai ir pasando unha fronte pouco activa que deixou as primeiras chuvias en case catro semanas. Á noite pode volver chover algo.

Galicia Informativos
Más opciones