Colectivos ecoloxistas, confrarías de pescadores, mariscadores, comerciantes, hostaleiros de Noia e dos concellos veciños unidos esta mañá nunha concentración contra a autorización das verteduras da Mina de San Finx. Presentes tamén os voceiros da oposición. Advirten: está en xogo o futuro da ría e o sustento de máis de 1.600 familias.
Pola súa banda o presidente da Xunta reuniuse co responsable de Enagás que se comprometeu a asumir a construción do corredor de hidróxeno verde entre Guitiriz e Zamora.
E en clave electoral, acto dos socialistas da provincia da Coruña con presenza do portavoz do PSOE no Congreso. Patxi López foi moi crítico coa xestión sanitaria do PP na nosa comunidade.
De seguida imos con todo, tamén coa entrevista, hoxe musical, ó grupo de hip hop Dios ke te crew.