As tendas de roupa e calzado non son alleas a crise actual. A suba de prezos na alimentación, nos combustibles ou na electricidade fai que os consumidores gaste menos neste sector e o frío impide a venda de roupa da nova temporada.
Os donos dos salóns de peiteado e estética reclamaron ante a sede do PSOE en Vigo unha rebiaxa do IVE. Asegura que coa suba da luz traballan para pagar facturas e denuncia un aumento de negocios que traballan á marxe da lei.
A flota galega de cerco ten depositadas moitas esperanzas na campaña da sardiña que comezou a pasada medianoite. Poderán pescar 8.600 toneladas e confían en obter uns prezos aceptables malia que non é a mellor época de consumo de sardiña.
A CIG reclámalle á Xunta que equipare as condicións laborais das residencias privadas coas das públicas. O sindicato, crítico co convrenio do sector, vaise centrar en esixirlle á Consellería de Política Social o cumprimento estrito da lei.
O tempo. Segue o frío, sobre todo no norte onde as nubes cubre o ceo.