Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 04/04/23 04/04/2023 25:02

Continúa a disputa entre percebeiros e mexilloeiros polo espazos productivos da costa. Profesionais Autónomos consideran que a falta da mexilla pode supor unha catástrofe económica; as confrarías pensa que o sector está sobremidensionado.

BNG e PSOE queren que a conselleira Ethel Vázquez explique no Parlamento as presuntas irregularidades no reparto de rutas de transporte por estrada. Para ás forzas de esquerda, é moi grave que a xustiza ordenara sancionar a dúas empresas que aparentemente pactaron entre elas cando concorreron ó plan de Transporte da Xunta.

Enagás presentou en Guitiriz o proxecto pra incorporar a Galicia ó Corredor atlántico do hidróxeno verde. Unha conexión con Zamora que agardan que a Unión Europea incorpore este ano á rede de proxectos de interese común.

Medalla do Parlamento á cooperación Galicia-norte de Portugal. Unha alianza que botou a andar hai 30 anos. Unha das primeiras comunidades transfronteirizas que empezou a traballar na Unión europea.


O tempo. Xornada solleira e con temperaturas máis altas.

Galicia Informativos
Más opciones