20 mariñeiros infectados, un deles na UCI, e cinco pesqueiros galegos amarrados por novos gromos de coronavirus. O sector amosa o seu malestar pola falta de noticias da Xunta sobre a súa vacinación.
O BNG pide unha empresa pública da enerxía pra poñer freo á proliferación de parques eólicos en Galicia. Asegura que se están a espoliar os recursos naturais sen xerar emprego nin riqueza no territorio.
Asinado o convenio do metal da provincia de Pontevedra, pero mantéñense as protestas. A CIG convoca media xornada de folga, e insta a CCOO e UGT a dar marcha atrás.
O sector da limpeza da Coruña tamén convoca folga, dúas xornadas. Desta vez afectará óParlamento ou a Xunta, e se non hai acordo a protesta se estenderá as instalacións sanitarias.
A comarca do Carballiño vai ser o escenario da próxima película de Alfonso Zaruaza. "Melancolía" vai comezar a rodarse nos próximos días.
O tempo. Perdemos a influencia do anticiclón e irá mudando a situación conforme avance o día.