Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 04/05/23 04/05/2023 44:26

O PSdeG pide a convocatoria da comisión bilateral de competencias entre o goberno nacional e o galego. Valentín González Formoso ofrécese como interlocutor entre Rueda e o executivo de Sánchez.

Pra o BNG o proxecto de Lei do litoral da Xunta é un artificio que só busca a confrontación. Ana Pontón ten a impresión que o texto legal só busca a consolidación de ENCE na na ría de Pontevedra

Baixou o paro en abril e xa hai menos de 140 mil desempregados. Pero Galicia foi a terceira comunidade cun peor comportamento do emprego a pesar do impacto da Semana Santa.

Traballadores de correos propoñen prestar servizos financieiros, seguros ou de telecomunicacións. Sería un xeito de atallar a perda de servizos que sofre particularmente o medio rural.


O tempo. mantese a inestabilidade e as treboadas, con temperaturas máis baixas.

Galicia Informativos
Más opciones