Galicia Informativos   Crónica Galicia .- 04/06/2021 04/06/2021 50:08

A concesionaria da AP-9 vai ter que investir 3,4 millóns de euros.

Non por vontade propia, senón porque un informe do Ministerio de Fomento advirte de fallos na seguridade.

- O Bng reclama que se debata xa no Parlamento o dictame da comisión de reactivación.

Debería estar xa en xaneiro. Os nacionalistas rexistraron esta maña a súa proposta de conclusións con 170 medidas para incentivar a recuperación de Galicia.

- concentración de traballadores das prisións de Pontevedra e Ourense para reclamar máis persoal.

Prodúcense logo da última agresión sufrida esta semana por tres funcionarios do cárcere pontevedrés. Os sindicatos denuncian a falta de persoal na vixilancia dos internos

- A Ribeira Sacra terá que agardar un ano máis pra que a UNESCO considere a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

O goberno galego e o central acordaron apraza-la candidatura pra reforza-lo documento, e asegurar que en 2022 é a proposta máis forte de España.

Galicia Informativos
Más opciones