A presión asistencial e a falta de reforzos durante o verán provocan a sobrecarga dos sanitarios. Hoxe alzan a súa voz con concentracions en Sanxenxo e Pontevedra pra dicir que non poden máis.
A Xunta prevé que na terceira semana deste mes se poida rebaixar as restriccións actuais.
Ingresados no hospital de vigo tres tripulantes do pesqueiro Manuel Laura. Chegou ó porto de Vigo logo de que lles negaran asistencia médica en Irlanda, e ten outros seis positivos.
As anpas galegas alertan dun recorte sen precedentes pro vindeiro curso. Haberá 500 profesores menos, 200 menos que en 2019. O conselleiro nega que haxa menos profesores que no último curso previo á pandemia
O xuizo polo crime de Samuel Luiz será con xurado popular. A policía toma declaración a unha nova testemuña e non descarta novas detencións.