Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 04/09/22 04/09/2022 30:02

A uns días do comezo do curso escolar, a adaptación lexislativa non chegou a tempo. Os sindicatos denuncian que a volta as aulas será sen a programación definitiva.

Neste informativo escoitaremos tamén as peticións da asociación galega de familiares de enfermos de Alzheimer, que buscan un novo modelo de coidados centrado en frear no posible o deterioro cognitivo.

No noso tempo de entrevista, analizamos o comezo de curso político co secretario xeral socialista, Valentín González Formoso.

E a choiva xa fixo a súa aparición en parte da comunidade. Ademais, o festival Barbeira Season de Baiona vén de cancelar a xornada deste domingo pola previsión de vento forte.

Galicia Informativos
Más opciones