Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 04/09/23
04/09/2023
44:16
O mes de agosto déixanos a primeira suba do paro dende o mes de febreiro. É un aumento pequeno, dun cuarto de punto, pero abonda pra acabar cunha tendencia positiva e pra poñer no foco, de novo, a estacionalidade no emprego do sector servizos. Caen tanto os contratos indefinidos coma os eventuais, e tamén hai menos afiliados. Os sindicatos apuntan ó modelo turístico, e alertan de que unha vez máis o empeoramento afecta máis ás mulleres.