O paro subiu en Galicia o mes pasado algo máis dun punto, en concreto un 1'18, mentres que baixou no conxunto de España un 2'3 por cento. Os sindicatos salientan ese diferencial: que a nosa comunidade se desmarque negativamente da tendencia estatal.
A Xunta prefire face-la comparación non co mes anterior, senón con antes da pandemia
O presidente de Conxemar, José Luis Freire, pide a baixada do IVE para os productos pesqueiros. Quere que se lles aplique o 4 por cento, como se fai cos productos agrarios.
En Ferrol, unhas 150 familias están pendentes da situación de Electro Rayma. Esta auxiliar do naval presentou unha demanda contra Navantia por 4,7 millóns de euros.
En Teo, o alcalde rompe co seu socio de goberno.
Retira as competencias ós catro edis do PSOE, ós que acusa de deslealdade, e queda só coa apoio de tres concelleiros nunha corporación de 17.
A Garda Civil investiga as causas do accidente que lle custou onte a vida a unha muller en Mondariz-Balneario. Foi aplastada por unha árbore de grandes dimensións mentres asistía a un concerto